Friday 03 de May de 2024

Charla sobre a campaña de micromecenado da biopsia líquida, xoves no Museo do Traxe


Xoves, 2 de marzo, ás 19 horas o Museo do Traxe acollerá unha charla sobre a campaña de micromecenado da biopsia líquida. Esta correrá a cargo da doutora Teresa Curiel. A entrada será de balde para todas as persoas que decidan asistir.

Entre os obxectivos marcados para esta actividade están os de acadar financiamento para o proxecto da investigación no campo da biopsia líquida, ademais de informar á poboación sobre as vantaxes na calidade de vida que supón para os doentes de cancro. Tamén se pretende mobilizar e implicar a todas e todos os galegos na importancia de contribuír con esta investigación científica, a cal permite a diagnose e o tratamento da enfermidade en estados máis temperáns.

O grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) pretende recadar ata 500.000 €. Un importe que permitiría a compra de equipamentos e reactivos para analizar un total de 300 mostras, ademais de permitir contratar a novo persoal de investigación.

Aquelas persoas que queiran facer algunha doazón poderán facelo a través de distintas canles:
• Transferencia bancaria (Abanca) ao seguinte número de conta: ES68 2080 0300 8730 4556 736.
• Plataforma web www.oncomet.es. Teléfono 981955344. Enderezo electrónico colabora.biopsia.liquida@oncomet.es
• 1,20 € enviando a palabra CANCRO mediante SMS ao 28014
• 6 € enviando a palabra CANCRO mediante SMS ao 38014

Para máis información tamén se poden consultar os seguintes enlaces:
• https://twitter.com/biopsia_liquida
• https://www.facebook.com/biopsia.liquida.colabora
• www.oncomet.es
• @colabora.oncomet.es/blog
• @colabora.oncomet